domingo, 22 de junio de 2014

EN XUÑO UN ATA LOGO

E toca agora o ata logo para a paréntese veraniega, pero non queremos despedirnos sen deixar a constancia do traballo realizado polos nosos colaboradores e colaboradoras da Biblioteca que, ao longo de todo o curso, sacrificando voluntariamente tempo do seu lecer, colaboraron activamente coa nosa Biblioteca. Grazas a todos e todas, agardamos contar con vós o vindeiro curso e unha aperta especial para quenes, de seguro, seguirán co mesmo entusiamo traballando coas palabras no instituto.



 E unha pequena lembranza para quenes participaron nesta derradeira semana contando contos ao alumnado de Infantil!
Bó verán! e lembrade que en vacacións un libro sempre será un bó compañeiro!


 

jueves, 22 de mayo de 2014

MAIO, MES DE MOITAS PALABRAS

Maio, maio, frores de maio
Traio moitas para encher o saio.
Maio, maio, maio me encanta,
fago con frores maios de moitas cores.
Ven facer maios ao cole comigo e canta!

Así cantaba o alumnado dunha das aulas de 5 anos de Educación Infantil adaptando un remix entre unha melodía popular e o Maio Longo de Rosalía de Castro no noso Festival das Letras Galegas. Houbo moito mais, recitados de poemas, cancións, dramatizacións... Desde a interpretación cantada e recitada de poemas de Díaz Castro a pequenas homaxes musicais a Rosalía de Castro, como o "Do mar pola orela", entrañable poema de Curros Enríquez adicado á morte da musa dos pobos que cantou un dos grupos de primeiro de Primaria. A todos eles e elas, alumnado e profesorado, agradecemos estas pequenas colaboracións en prol do coñecemento e difusión da nosa lingua.
Retratos de Díaz Castro realizados por alumnado de 5 anos

Pero maio encheunos con mais palabras , as da terceira edición en colaboración co EDNL do "Nós tamén contamos", intercambio de contos e relatos orais en galego realizados entre as aulas. Aquí vos deixamos o resumo dos relatos interpretados e o alumnado que os disfrutou.
  • 3 anos B: “O xogo da carrasquiña” a 6ºB
  • 4 anos C. Canción “Fun o mercado” a 3 anos C
  • 5 anos A . Conto “ A Casa da Mosca Chosca” a 5º B
  • 2º C . Conto “ A que sabe a lúa?”
  • 3 anos C . Adaptación do poema de Rosalía Morlán “Vai a nena para escola”
  • 4 anos B. Conto “A señora Paca” a 6ºC
  • 5 anos C. Conto. “A noite das mudanzas” a 5ºC
  • 5ºC “Alí Babá e os 20 ladróns “ (adaptación do conto popular) a 5 anos C.
  • 2ºB. “Un gato na árbore” a 5 anos A.
  • 5ºA. Adaptación do conto popular“O gato con Botas” a 2ºA.
  • 2ºA . Conto inventado polo alumnado ”Os nenos recicladores”
  • 5ºB . Adaptación do conto “A ratiña presumida”a 5 anos B
  • 6ºA . Conto inventado polo alumnado titulado “O gato Guille e os Monstruos” a 1ºB
  • 6ºB. Conto inventado polo alumnado”O misterio da coroa” a 4 anos B,
  • 6ºC. Conto inventado polo alumnado titilado” O poder de Matilda” a 2ºC
  • 5 anos B. Conto “ A mora “ a 2ºB
  • 1ºA. Conto “A pota Máxica” a 3 anos B,
  • 4 anos A. “ A lúa cega” (refráns de abril e maio) a 6ºA
  • 1ºB.“Poemas de primavera”a 1ºC.

    E para rematar deixámosvos co vídeo elaborado na Biblioteca a partires da exposición fotográfica que organizamos no centro conxuntamente co EDNL en homaxe a  Díaz Castro e a súa Penélope. Grazas ao alumnado do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais do IES Antón Fraguas que musicou e interpretou este poema, estreado no CMUS de Santiago, do que algúns son alumnos, por permitirnos utilizalo como fondo da nosa montaxe.



martes, 22 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

QUEN É QUEN?
Esta é a pregunta que vos formulamos no marcapáxinas que realizamos para conmemorar o Día da Terra e o Día do Libro 2014


Moitos nomes nos veñen á cabeza no Día do Libro. Para comezar lembremos que esta data foi proposta pola UNESCO por ter coincidido coa morte en 1616 de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén coa de nacemento de outros escritores como Vladimir Nabokov e Josep Pla.
 
E mais nomes, o de Juan Ramón Jimenez, que hai 100 anos escribía a historia do burriño mais lida polos nenos e nenas de todo o mundo: "Platero y yo".
 
E como non lembrar hoxe un nome para unha despedida, a de Gabo, Gabriel García Márquez, Premio Nobel de Literatura en 1982, que falecía o pasado xoves en México DF. Queda aquí, coma homaxe, traída polas mans do alumnado de 5 anos, "a conmovedora carta que o escritor colombiano escribeu a familiares e amigos cando permañecía convalecente, retirado da vida pública".
“SI POR UN INSTANTE DIOS SE OLVIDARA DE QUE SOY UNA MARIONETA DE TRAPO Y ME REGALARA UN TROZO DE VIDA, POSIBLEMENTE NO DIRÍA TODO LO QUE PIENSO, PERO EN DEFINITIVA PENSARÍA TODO LO QUE DIGO.
DARÍA VALOR A LAS COSAS, NO POR LO QUE VALEN, SINO POR LO QUE SIGNIFICAN.
DORMIRÍA POCO, SOÑARÍA MÁS, ENTIENDO QUE POR CADA MINUTO QUE CERRAMOS LOS OJOS, PERDEMOS SESENTA SEGUNDOS DE LUZ.
ANDARÍA CUANDO LOS DEMÁS SE DETIENEN, DESPERTARÍA CUANDO LOS DEMÁS DUERMEN.
ESCUCHARÍA CUANDO LOS DEMÁS HABLAN, Y ¡CÓMO DISFRUTARÍA DE UN BUEN HELADO DE CHOCOLATE!
SI DIOS ME OBSEQUIARA UN TROZO DE VIDA, VESTIRÍA SENCILLO, ME TIRARÍA DE BRUCES AL SOL, DEJANDO DESCUBIERTO, NO SOLAMENTE MI CUERPO SINO MI ALMA.
DIOS MÍO, SI YO TUVIERA UN CORAZÓN, ESCRIBIRÍA MI ODIO SOBRE EL HIELO, Y ESPERARÍA A QUE SALIERA EL SOL.
PINTARÍA CON UN SUEÑO DE VAN GOGH SOBRE LAS ESTRELLAS UN POEMA DE BENEDETTI, Y UNA CANCIÓN DE SERRAT SERÍA LA SERENATA QUE LES OFRECERÍA A LA LUNA.
REGARÍA CON MIS LÁGRIMAS LAS ROSAS, PARA SENTIR EL DOLOR DE SUS ESPINAS, Y EL ENCARNADO BESO DE SUS PÉTALOS...
DIOS MÍO, SI YO TUVIERA UN TROZO DE VIDA... NO DEJARÍA PASAR UN SOLO DÍA SIN DECIRLE A LA GENTE QUE QUIERO, QUE LA QUIERO.
CONVENCERÍA A CADA MUJER U HOMBRE DE QUE SON MIS FAVORITOS Y VIVIRÍA ENAMORADO DEL AMOR.
A LOS HOMBRES LES PROBARÍA CUÁN EQUIVOCADOS ESTÁN AL PENSAR QUE DEJAN DE ENAMORARSE CUANDO ENVEJECEN, SIN SABER QUE ENVEJECEN CUANDO DEJAN DE ENAMORARSE!.
A UN NIÑO LE DARÍA ALAS, PERO LE DEJARÍA QUE ÉL SOLO APRENDIESE A VOLAR.
A LOS VIEJOS LES ENSEÑARÍA QUE LA MUERTE NO LLEGA CON LA VEJEZ, SINO CON EL OLVIDO.
TANTAS COSAS HE APRENDIDO DE USTEDES, LOS HOMBRES…
HE APRENDIDO QUE TODO EL MUNDO QUIERE VIVIR EN LA CIMA DE LA MONTAÑA, SIN SABER QUE LA VERDADERA FELICIDAD ESTÁ EN LA FORMA DE SUBIR LA ESCARPADA.
HE APRENDIDO QUE CUANDO UN RECIÉN NACIDO APRIETA CON SU PEQUEÑO PUÑO, POR VEZ PRIMERA, EL DEDO DE SU PADRE, LO TIENE ATRAPADO POR SIEMPRE.
HE APRENDIDO QUE UN HOMBRE SÓLO TIENE DERECHO A MIRAR A OTRO HACIA ABAJO, CUANDO HA DE AYUDARLE A LEVANTARSE.
SON TANTAS COSAS LAS QUE HE PODIDO APRENDER DE USTEDES, PERO REALMENTE DE MUCHO NO HABRÁN DE SERVIR, PORQUE CUANDO ME GUARDEN DENTRO DE ESA MALETA, INFELIZMENTE ME ESTARÉ MURIENDO.”
                                       
                                                                                                                                                       GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
 
 
 

lunes, 21 de abril de 2014

22 DE ABRIL: DÍA DA NAI TERRA

O 22 de abril celebramos internacionalmente o Día da Nai Terra, este ano Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU déixanos unha entrañable mensaxe: "Fago un chamamento no Día da Terra 2014 a que todas as persoas do mundo alcen a súa voz e falen en nome deste planeta, o noso único fogar. Coidemos da nosa Nai Terra para que esta poida seguir coidando de nós como o ten feito durante milenios" Este ano o lema do Día da Terra é "Cidades verdes". Un lema que nos lembra que mais da metade da poboación mundial vive nas cidades e que cada vez mais se convirte nunha imperiosa necesidade que fagamos noso un xeito de vida sostible e respetuoso coa Nai que nos deu a vida e que agora toca coidar: a Nai Azul, a Terra onde vivimos.
Desde a páxina da ONU podedes chegar ao enlace das Cidades Verdes onde atoparedes unha chea de suxestións e informacións sobre esta campaña.
 
Hoxe, desde a nosa biblioteca queremos aunar a proposta das Cidades Verdes coa do Día da Terra da NASA que nos invita a realizar un "selfie" (autoretrato coa cámara fotográfica) e subila, sempre co permiso dos teus pais, ás redes sociais, tal e como explica na súa páxina, para crear un gran mosaico de imaxes do noso planeta. Faite un "selfie" e amosa ao mundo o teu anaco de Cidade Verde!
Infórmate en: http://www.lanasa.net/
E, lembrando os desexos de Ban Ki-moon deixámosvos aos St. Phillip's Boys Choir cantando á beleza da Terra.

jueves, 10 de abril de 2014

ABRIL MES DOS LIBROS: UN CONTO MUSICAL PARA O FOMENTO DA LECTURA

O 7 de abril e baixo o título xenérico de "Os sons dos contos" profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela achegouse ao noso centro para ofrecernos un inesquecible concerto dirixido ao alumnado de Educación Infantil abrindo, ao tempo, unha canle para elaborar un proxecto colaborativo co centro. A proposta inicial foi a de elaborar un conto a partires do programa escollido para o concerto e alí nos puxemos mans á obra...e como non podía ser de outra maneira no mes que nos ocupa, o conto que elaboramos no centro como fío conductor falaba dun libro, dun soño, dunha viaxe, dunha biblioteca...e de Marco, un neno de 3 anos que quere aprender a ler. Ao tempo a profesora de Música dos pequenos realizou nas aulas un traballo previo coas audicións dalgunhas das obras e así o alumnado puido interactuar no concerto coreografiando "A primavera" de Vivaldi, tocando o violín, acompañando coa pequena percusión "Mango Walk", batendo palmas a incombustible "marcha Radetsky", cantando o "Alouette" e algún que outro fragmento de "A frauta máxica", proxecto que tamén estamos a documentar desde a Biblioteca.
A velada... , participativa, entretida , case máxica observando a aqueles 225 pequenos ouvintes escoitar atentamente un concerto, en canto a duración, de formato case adulto. Unha hora de sons dun conto para un neno que quería aprender a ler.
 Grazas a Marta, Roberto, Ana Isabel, Xusa e Alexandra, profesor@s do CMUS de Santiago, por achegar ao noso alumnado dun xeito tan esencial e entretido ao mundo dos sons, da música...e grazas, como non, ao profesorado do centro que coa súa axuda fai que estes proxectos colaborativos sexan posibles.
http://www.conservatoriosantiago.com/index.php/centro/departamentos/corda/811-os-sons-dos-contos-2014 

Dani e Marcos, alumnos de 3 anos interpretando "Campanitas"

 

 
 


martes, 1 de abril de 2014

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

"Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir”.
Son as palabras que Siobhán Parkinson,a escritora irlandesa, que xunto coa ilustradora Niamh Sharkey foron encargadas este ano de elaborar a mensaxe e cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, adica na súa carta aos nenos do mundo. Emocionantes palabras que nos lembran que cada vez que collemos un libro entre as mans, nenos e nenas, homes ou mulleres..estamos a darlle vida.
Hoxe, 2 de abril,  Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil quero animarvos a que collades entre as vosas mans ese libro, ese conto que nunca líchedes ou que xa case non lembrades telo lido.. e o leades, o manoseedes, lle deades vida. Que mellor xeito de celebrar este día!!!
 
Aquí vos queda un enlace onde podedes consultar íntegra a “Carta aos nenos do mundo” de Siobhán Parkinson.



E aquí outro enlace á páxina da Junta de Andalucía onde traballan cunha chea de recursos, actividades e información ese conto que collerei eu entre as miñas mans, un conto que está a cumprir cen anos e que fala de alguén pequeno, peludo e suave…”Platero y yo”, o libro que Juan Ramón Jiménez convertíu no terceiro mais traducido a diferentes idiomas logo da Biblia e “O Quixote”.
 
E un especial agradecemento a Pepe Sendón e a Fausto Isorna que da man do "Patito Editorial" agasállannos neste día coa súa compaña e a de algúns divertidos animais na presentación da súa derradeira publicación: "Animal fun"
 
 

 
 
Feliz día a tod@s e como dí Siobhán Parkinson na despedida da súa carta:

Seguide lendo!!!

miércoles, 12 de marzo de 2014

A POESÍA NON ME LÍA

Este curso celebraremos o noso Día da Poesía con dous convidados moi especiais, os poetas Rosalía Morlán e Raúl Gómez Pato que compartirán con nós dúas veladas onde as palabras e as sonoridades serán as protagonistas. Tamén faremos a nosa poética aportación a este Día colaborando coa Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, aportacións que vos iremos presentando a medida que vaian medrando; porque é o que desexamos que medren como a poesía nas nosas linguas, nas nosas cabezas e nos nosos corazóns.
E por se queda algunha dúbida sobre como sacar o poeta que levamos dentro, aquí quedan uns exercicios para axudarnos a facelo:
 
A POESÍA NON ME LÍA…
(Algún apuntamento…para facer un poema ao momento):
Partimos dun poema que nos interese traballar e podemos escoller unha ou varias das seguintes propostas (ex:”Unha aldea especial”  do libro “Estrelas de azucre de Rosalía Morlán):
1.       Para traballalo antes de lelo:
Apuntar en columnas as palabras do poema  que rimen e facer frases poéticas con elas (especial, cristal, compás, zoar, sal,../Ex: Ollando polo cristal escoito o vento zoar…).
 
2.       Para traballar despois de lelo:
Escoller unha frase do poema e repetila intercalando de cada vez un ou varios versos.
A miña aldea ten algo especial
Estrelas de azucre, lúa de cristal
Salgo pola noite e escoito ao pasear
Estrelas de azucre , lúa de cristal…
 
Escoller unha palabra significativa do poema e facer un verso a partires de cada unha das letras dese nome.
Sólida, líquida ou branca
Auga salgada
Lingua do mar
 
Escoller versos do poema e rematalos doutro xeito, respostando en eco.
Un vento que canta
A brisa que danza…
 
Escribir o poema e ir cambiando sucesivamente as súas palabras (primeiro adxectivos, logo nomes,…) según o poema nolo permita.
A miña ……….
ten algo especial,
……… de ……….
........ de ………cristal
 
Agrupar verbos, nomes e adxectivos do poema e ir escollendo ao chou un de cada formando frases poéticas.
Aldea, azucre, lúa,…/ ter, cantar, zoar,…/ especial, dourado,..
 
3.       Representalo plásticamente (por medio dun caligrama, dibuxo, collage,…)
 
E para quen desexe unha poética ampliación pode consultar recursos en liña como estes do portal da Junta de Andalucía
 
Ou buscadores de palabras que riman para cando andemos pouco imaxinativos.


E ÉCHE AQUÍ O RESULTADO...HABEMUS POEMARIO!!!

Colaboramos coa Biblioteca Pública Ánxel Casal aportando o poemario realizado nestas datas polo noso alumnado e que formará parte da exposición que celebrarán entre outras actividades no Día da Poesía.
 
 
 
 

img-320204352 by eoimanu