jueves, 23 de enero de 2014

Roxiña cal fresca rosa.....Cantares Gallegos

Benvid@s a esta nova canle de comunicación coa nosa Biblioteca!
 Continuamos na nosa andaina agardando desde aquí poder estar un pouquiño mais perto de todos vós. E que mellor para acompañar esta presentación que facelo da man da nosa mais recoñecida poetisa. Ao longo do 2013 desde a Biblioteca do centro quixemos destacar a celebración dos 150 anos do nacemento dunha revolución literaria da man dunha muller: Rosalía de Castro e a publicación dos seus “Cantares Gallegos”. Tamén a conmemoración do “Ano Internacional da Esfera da Auga”. Do intento de refundir estes dous eventos e coa colaboración dos Departamentos de Dinamización Lingüística, TICS e Música xurdíu este vídeo co que participamos na 1ª edición de “Nós tamén creamos” convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel quixemos amosar estes dous eventos cunha unha visión integrada no día a día da escola e de aí este vídeo traballado a partires do poema “Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca” (“Roxiña cal sol dourado…”) que, entre augas, regatos, fontes e bágoas nos fala das penas fondas de quen se sinte extrana na súa propia terra, de quen é discrimanada só polo feito de nacer un pouco mais lonxe... pero que non por iso deixa de reivindicar a súa orixe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario