O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a muller que fixo reverdecer de novo o galego como lingua escrita: Rosalía de Castro. Por iso hoxe, 24 de febreiro queremos facerlle unha pequena homaxe de aniversario lembrando o vídeo que elaboramos poñéndolle as nosas voces ao poema que adicou "Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca" ("Roxiña cal sol dourado...) do seu libro "Cantares Gallegos", o primeiro libro editado íntegramente en galego e da man dunha muller naquela época en que as prumas estaban en mans dos homes.
E como andamos esta tempada traballando nos retratos, aquí deixamos algúns monumentos adicados a Rosalía que podes atopar paseando por Compostela. Sabes onde están? Pois déixanos un apuntamento no buzón da Biblioteca.
Mais retratos...para rematar un vídeo de retratos de Rosalía e a súa familia editado pola Fundación Rosalía de Castro.
Grequeando é a entrada na que co galo da conmemoración do 400 aniversario da morte de O Greco iremos rendindo a nosa pequena homaxe a ese grande artista que non só foi unha relevante e controvertida personaxe na súa época senón que deixou unha fonda pegada na pintura moderna, no impresionismo (Manet e Cèzanne) no cubismo (Picassso), no surrealismo, no expresionismo (Kandinsky)…
Para coñecer mais sobre o Greco podes visitar o dossier elaborado poloMinisterio de Cultura
O seu persoal estilo representando figuras extremadamente alongadas, delgadas e case fantasmagóricas, a impactante expresividade que reflectían, o seu dominio da rápida pincelada, da contraste na cor e da luz, fan que ao longo dos tempos fora considerado desde un pintor con problemas de vista, a un excéntrico ou un profeta da modernidade.
Clica aquíse queres ver o estudio técnico (soporte, capas de pintura, radiografías, raios infraroxos) que fan no Museo Thyssen-Bornemisza das obras da súa colección.
E aquí para coñecer algo mais da súa obra e o seu estilo
E IMOS AO TEMA…ENGREQUÍZATE!!!
E o noso primeiro Greco-tema chega polo Entroido e vai de caras, retratos e… caroutas!!!
Propoñémosche facer un autorretrato ao estilo Greco, ao estilo dalgún dos pintores nos que influíu ou.. ao teu propio estilo (que sabemos que o tes). Para iso…lembra, precisas:
1. Imprescindible: Un espello para re-coñecerte.
2. Un soporte calquera para re-presentarte: Papel, cartulina, cartón…
3. Materiais para pintarte e re-pintarte: Ceras ou…lápices ou…rotuladores ou…acuarelas ou…tizas ou…o que se che ocurra ou teñas a man.
4. Outros materiais para “customizarte”
Podes observar algún retratos do Greco coetáneos e pintores posteriores e buscar neles alguna influenza ou similitude.
E por último lembra que na época do Greco, como aínda agora, en pintura podes observar tanto a tendencia a representación mediante a liña e a forma (utilizando a liña antes que a cor) ou ao contrario, como facía o Greco, partindo da cor (sen debuxar liñas) para dar formas. Fíxate nos retratos finais imaxinando como se farían e decide como farás o teu: Primeiro a liña antes que a cor ou utilizando só cor sen liñas?