lunes, 10 de febrero de 2014

GREQUEANDO


Grequeando é a entrada na que co galo da conmemoración do 400 aniversario da morte de O Greco iremos rendindo a nosa pequena homaxe a ese grande artista que non só foi unha relevante e controvertida personaxe na súa época senón que deixou unha fonda pegada na pintura moderna, no impresionismo (Manet e Cèzanne) no cubismo (Picassso), no surrealismo, no expresionismo (Kandinsky)…
Para coñecer mais sobre o Greco podes visitar o dossier elaborado polo Ministerio de Cultura
O seu persoal estilo representando figuras extremadamente alongadas, delgadas e case fantasmagóricas, a impactante expresividade que reflectían, o seu dominio da rápida pincelada, da contraste na cor e da luz, fan que ao longo dos tempos fora considerado desde un pintor con problemas de vista, a un excéntrico ou un profeta da modernidade.
Clica aquí se queres ver o estudio técnico (soporte, capas de pintura, radiografías, raios infraroxos) que fan no Museo Thyssen-Bornemisza das obras da súa colección.
E aquí para coñecer algo mais da súa obra e o seu estilo
E IMOS AO TEMA…ENGREQUÍZATE!!!
E o noso primeiro Greco-tema chega polo Entroido e vai de caras, retratos e… caroutas!!!
Propoñémosche facer un autorretrato ao estilo Greco, ao estilo dalgún dos pintores nos que influíu ou.. ao teu propio estilo (que sabemos que o tes). Para iso…lembra, precisas:
1. Imprescindible: Un espello para re-coñecerte.
2. Un soporte calquera para re-presentarte: Papel, cartulina, cartón…
3. Materiais para pintarte e re-pintarte: Ceras ou…lápices ou…rotuladores ou…acuarelas ou…tizas ou…o que se che ocurra ou teñas a man.
4. Outros materiais para “customizarte”
Podes observar algún retratos do Greco coetáneos e pintores posteriores e buscar neles alguna influenza ou similitude.
 
E por último lembra que na época do Greco, como aínda agora, en pintura podes observar tanto a tendencia a representación mediante a liña e a forma (utilizando a liña antes que a cor) ou ao contrario, como facía o Greco, partindo da cor (sen debuxar liñas) para dar formas. Fíxate nos retratos finais imaxinando como se farían e decide como farás o teu: Primeiro a liña antes que a cor ou utilizando só cor sen liñas?


Retratos con música

Retratos de Picasso con música dos tempos do Greco (Ojos garços ha la niña, Cancionero de Upsala)

Retratos do Greco, coetáneos e de pintores nos que influíron:

Cabaleiro da man no peito (O Greco)
Autorretrato (O Greco)

Autorretrato (Picasso)
A dama do armiño Cézanne)
A dama do armiño (Cèzanne)
Retrato do fillo do Greco e versión de Picasso do mesmo cadro ao xeito Greco
A dama do armiño(Greco?-Sofonisba?)
Autorretrato (Sofonisba Anguissola)
Autorretrato de Manet
Autorretrato de Cézanne
Retrato dun descoñecido ao xeito do Greco (Picasso)

No hay comentarios:

Publicar un comentario