domingo, 22 de junio de 2014

EN XUÑO UN ATA LOGO

E toca agora o ata logo para a paréntese veraniega, pero non queremos despedirnos sen deixar a constancia do traballo realizado polos nosos colaboradores e colaboradoras da Biblioteca que, ao longo de todo o curso, sacrificando voluntariamente tempo do seu lecer, colaboraron activamente coa nosa Biblioteca. Grazas a todos e todas, agardamos contar con vós o vindeiro curso e unha aperta especial para quenes, de seguro, seguirán co mesmo entusiamo traballando coas palabras no instituto.



 E unha pequena lembranza para quenes participaron nesta derradeira semana contando contos ao alumnado de Infantil!
Bó verán! e lembrade que en vacacións un libro sempre será un bó compañeiro!


 

jueves, 22 de mayo de 2014

MAIO, MES DE MOITAS PALABRAS

Maio, maio, frores de maio
Traio moitas para encher o saio.
Maio, maio, maio me encanta,
fago con frores maios de moitas cores.
Ven facer maios ao cole comigo e canta!

Así cantaba o alumnado dunha das aulas de 5 anos de Educación Infantil adaptando un remix entre unha melodía popular e o Maio Longo de Rosalía de Castro no noso Festival das Letras Galegas. Houbo moito mais, recitados de poemas, cancións, dramatizacións... Desde a interpretación cantada e recitada de poemas de Díaz Castro a pequenas homaxes musicais a Rosalía de Castro, como o "Do mar pola orela", entrañable poema de Curros Enríquez adicado á morte da musa dos pobos que cantou un dos grupos de primeiro de Primaria. A todos eles e elas, alumnado e profesorado, agradecemos estas pequenas colaboracións en prol do coñecemento e difusión da nosa lingua.
Retratos de Díaz Castro realizados por alumnado de 5 anos

Pero maio encheunos con mais palabras , as da terceira edición en colaboración co EDNL do "Nós tamén contamos", intercambio de contos e relatos orais en galego realizados entre as aulas. Aquí vos deixamos o resumo dos relatos interpretados e o alumnado que os disfrutou.
  • 3 anos B: “O xogo da carrasquiña” a 6ºB
  • 4 anos C. Canción “Fun o mercado” a 3 anos C
  • 5 anos A . Conto “ A Casa da Mosca Chosca” a 5º B
  • 2º C . Conto “ A que sabe a lúa?”
  • 3 anos C . Adaptación do poema de Rosalía Morlán “Vai a nena para escola”
  • 4 anos B. Conto “A señora Paca” a 6ºC
  • 5 anos C. Conto. “A noite das mudanzas” a 5ºC
  • 5ºC “Alí Babá e os 20 ladróns “ (adaptación do conto popular) a 5 anos C.
  • 2ºB. “Un gato na árbore” a 5 anos A.
  • 5ºA. Adaptación do conto popular“O gato con Botas” a 2ºA.
  • 2ºA . Conto inventado polo alumnado ”Os nenos recicladores”
  • 5ºB . Adaptación do conto “A ratiña presumida”a 5 anos B
  • 6ºA . Conto inventado polo alumnado titulado “O gato Guille e os Monstruos” a 1ºB
  • 6ºB. Conto inventado polo alumnado”O misterio da coroa” a 4 anos B,
  • 6ºC. Conto inventado polo alumnado titilado” O poder de Matilda” a 2ºC
  • 5 anos B. Conto “ A mora “ a 2ºB
  • 1ºA. Conto “A pota Máxica” a 3 anos B,
  • 4 anos A. “ A lúa cega” (refráns de abril e maio) a 6ºA
  • 1ºB.“Poemas de primavera”a 1ºC.

    E para rematar deixámosvos co vídeo elaborado na Biblioteca a partires da exposición fotográfica que organizamos no centro conxuntamente co EDNL en homaxe a  Díaz Castro e a súa Penélope. Grazas ao alumnado do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais do IES Antón Fraguas que musicou e interpretou este poema, estreado no CMUS de Santiago, do que algúns son alumnos, por permitirnos utilizalo como fondo da nosa montaxe.



martes, 22 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

QUEN É QUEN?
Esta é a pregunta que vos formulamos no marcapáxinas que realizamos para conmemorar o Día da Terra e o Día do Libro 2014


Moitos nomes nos veñen á cabeza no Día do Libro. Para comezar lembremos que esta data foi proposta pola UNESCO por ter coincidido coa morte en 1616 de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén coa de nacemento de outros escritores como Vladimir Nabokov e Josep Pla.
 
E mais nomes, o de Juan Ramón Jimenez, que hai 100 anos escribía a historia do burriño mais lida polos nenos e nenas de todo o mundo: "Platero y yo".
 
E como non lembrar hoxe un nome para unha despedida, a de Gabo, Gabriel García Márquez, Premio Nobel de Literatura en 1982, que falecía o pasado xoves en México DF. Queda aquí, coma homaxe, traída polas mans do alumnado de 5 anos, "a conmovedora carta que o escritor colombiano escribeu a familiares e amigos cando permañecía convalecente, retirado da vida pública".
“SI POR UN INSTANTE DIOS SE OLVIDARA DE QUE SOY UNA MARIONETA DE TRAPO Y ME REGALARA UN TROZO DE VIDA, POSIBLEMENTE NO DIRÍA TODO LO QUE PIENSO, PERO EN DEFINITIVA PENSARÍA TODO LO QUE DIGO.
DARÍA VALOR A LAS COSAS, NO POR LO QUE VALEN, SINO POR LO QUE SIGNIFICAN.
DORMIRÍA POCO, SOÑARÍA MÁS, ENTIENDO QUE POR CADA MINUTO QUE CERRAMOS LOS OJOS, PERDEMOS SESENTA SEGUNDOS DE LUZ.
ANDARÍA CUANDO LOS DEMÁS SE DETIENEN, DESPERTARÍA CUANDO LOS DEMÁS DUERMEN.
ESCUCHARÍA CUANDO LOS DEMÁS HABLAN, Y ¡CÓMO DISFRUTARÍA DE UN BUEN HELADO DE CHOCOLATE!
SI DIOS ME OBSEQUIARA UN TROZO DE VIDA, VESTIRÍA SENCILLO, ME TIRARÍA DE BRUCES AL SOL, DEJANDO DESCUBIERTO, NO SOLAMENTE MI CUERPO SINO MI ALMA.
DIOS MÍO, SI YO TUVIERA UN CORAZÓN, ESCRIBIRÍA MI ODIO SOBRE EL HIELO, Y ESPERARÍA A QUE SALIERA EL SOL.
PINTARÍA CON UN SUEÑO DE VAN GOGH SOBRE LAS ESTRELLAS UN POEMA DE BENEDETTI, Y UNA CANCIÓN DE SERRAT SERÍA LA SERENATA QUE LES OFRECERÍA A LA LUNA.
REGARÍA CON MIS LÁGRIMAS LAS ROSAS, PARA SENTIR EL DOLOR DE SUS ESPINAS, Y EL ENCARNADO BESO DE SUS PÉTALOS...
DIOS MÍO, SI YO TUVIERA UN TROZO DE VIDA... NO DEJARÍA PASAR UN SOLO DÍA SIN DECIRLE A LA GENTE QUE QUIERO, QUE LA QUIERO.
CONVENCERÍA A CADA MUJER U HOMBRE DE QUE SON MIS FAVORITOS Y VIVIRÍA ENAMORADO DEL AMOR.
A LOS HOMBRES LES PROBARÍA CUÁN EQUIVOCADOS ESTÁN AL PENSAR QUE DEJAN DE ENAMORARSE CUANDO ENVEJECEN, SIN SABER QUE ENVEJECEN CUANDO DEJAN DE ENAMORARSE!.
A UN NIÑO LE DARÍA ALAS, PERO LE DEJARÍA QUE ÉL SOLO APRENDIESE A VOLAR.
A LOS VIEJOS LES ENSEÑARÍA QUE LA MUERTE NO LLEGA CON LA VEJEZ, SINO CON EL OLVIDO.
TANTAS COSAS HE APRENDIDO DE USTEDES, LOS HOMBRES…
HE APRENDIDO QUE TODO EL MUNDO QUIERE VIVIR EN LA CIMA DE LA MONTAÑA, SIN SABER QUE LA VERDADERA FELICIDAD ESTÁ EN LA FORMA DE SUBIR LA ESCARPADA.
HE APRENDIDO QUE CUANDO UN RECIÉN NACIDO APRIETA CON SU PEQUEÑO PUÑO, POR VEZ PRIMERA, EL DEDO DE SU PADRE, LO TIENE ATRAPADO POR SIEMPRE.
HE APRENDIDO QUE UN HOMBRE SÓLO TIENE DERECHO A MIRAR A OTRO HACIA ABAJO, CUANDO HA DE AYUDARLE A LEVANTARSE.
SON TANTAS COSAS LAS QUE HE PODIDO APRENDER DE USTEDES, PERO REALMENTE DE MUCHO NO HABRÁN DE SERVIR, PORQUE CUANDO ME GUARDEN DENTRO DE ESA MALETA, INFELIZMENTE ME ESTARÉ MURIENDO.”
                                       
                                                                                                                                                       GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
 
 
 

lunes, 21 de abril de 2014

22 DE ABRIL: DÍA DA NAI TERRA

O 22 de abril celebramos internacionalmente o Día da Nai Terra, este ano Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU déixanos unha entrañable mensaxe: "Fago un chamamento no Día da Terra 2014 a que todas as persoas do mundo alcen a súa voz e falen en nome deste planeta, o noso único fogar. Coidemos da nosa Nai Terra para que esta poida seguir coidando de nós como o ten feito durante milenios" Este ano o lema do Día da Terra é "Cidades verdes". Un lema que nos lembra que mais da metade da poboación mundial vive nas cidades e que cada vez mais se convirte nunha imperiosa necesidade que fagamos noso un xeito de vida sostible e respetuoso coa Nai que nos deu a vida e que agora toca coidar: a Nai Azul, a Terra onde vivimos.
Desde a páxina da ONU podedes chegar ao enlace das Cidades Verdes onde atoparedes unha chea de suxestións e informacións sobre esta campaña.
 
Hoxe, desde a nosa biblioteca queremos aunar a proposta das Cidades Verdes coa do Día da Terra da NASA que nos invita a realizar un "selfie" (autoretrato coa cámara fotográfica) e subila, sempre co permiso dos teus pais, ás redes sociais, tal e como explica na súa páxina, para crear un gran mosaico de imaxes do noso planeta. Faite un "selfie" e amosa ao mundo o teu anaco de Cidade Verde!
Infórmate en: http://www.lanasa.net/
E, lembrando os desexos de Ban Ki-moon deixámosvos aos St. Phillip's Boys Choir cantando á beleza da Terra.

jueves, 10 de abril de 2014

ABRIL MES DOS LIBROS: UN CONTO MUSICAL PARA O FOMENTO DA LECTURA

O 7 de abril e baixo o título xenérico de "Os sons dos contos" profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela achegouse ao noso centro para ofrecernos un inesquecible concerto dirixido ao alumnado de Educación Infantil abrindo, ao tempo, unha canle para elaborar un proxecto colaborativo co centro. A proposta inicial foi a de elaborar un conto a partires do programa escollido para o concerto e alí nos puxemos mans á obra...e como non podía ser de outra maneira no mes que nos ocupa, o conto que elaboramos no centro como fío conductor falaba dun libro, dun soño, dunha viaxe, dunha biblioteca...e de Marco, un neno de 3 anos que quere aprender a ler. Ao tempo a profesora de Música dos pequenos realizou nas aulas un traballo previo coas audicións dalgunhas das obras e así o alumnado puido interactuar no concerto coreografiando "A primavera" de Vivaldi, tocando o violín, acompañando coa pequena percusión "Mango Walk", batendo palmas a incombustible "marcha Radetsky", cantando o "Alouette" e algún que outro fragmento de "A frauta máxica", proxecto que tamén estamos a documentar desde a Biblioteca.
A velada... , participativa, entretida , case máxica observando a aqueles 225 pequenos ouvintes escoitar atentamente un concerto, en canto a duración, de formato case adulto. Unha hora de sons dun conto para un neno que quería aprender a ler.
 Grazas a Marta, Roberto, Ana Isabel, Xusa e Alexandra, profesor@s do CMUS de Santiago, por achegar ao noso alumnado dun xeito tan esencial e entretido ao mundo dos sons, da música...e grazas, como non, ao profesorado do centro que coa súa axuda fai que estes proxectos colaborativos sexan posibles.
http://www.conservatoriosantiago.com/index.php/centro/departamentos/corda/811-os-sons-dos-contos-2014 

Dani e Marcos, alumnos de 3 anos interpretando "Campanitas"

 

 
 


martes, 1 de abril de 2014

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

"Sen o escritor, non nace o conto; sen todos os miles de lectores arredor do mundo, o conto non chegará nunca a vivir todas as vidas que pode vivir”.
Son as palabras que Siobhán Parkinson,a escritora irlandesa, que xunto coa ilustradora Niamh Sharkey foron encargadas este ano de elaborar a mensaxe e cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, adica na súa carta aos nenos do mundo. Emocionantes palabras que nos lembran que cada vez que collemos un libro entre as mans, nenos e nenas, homes ou mulleres..estamos a darlle vida.
Hoxe, 2 de abril,  Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil quero animarvos a que collades entre as vosas mans ese libro, ese conto que nunca líchedes ou que xa case non lembrades telo lido.. e o leades, o manoseedes, lle deades vida. Que mellor xeito de celebrar este día!!!
 
Aquí vos queda un enlace onde podedes consultar íntegra a “Carta aos nenos do mundo” de Siobhán Parkinson.



E aquí outro enlace á páxina da Junta de Andalucía onde traballan cunha chea de recursos, actividades e información ese conto que collerei eu entre as miñas mans, un conto que está a cumprir cen anos e que fala de alguén pequeno, peludo e suave…”Platero y yo”, o libro que Juan Ramón Jiménez convertíu no terceiro mais traducido a diferentes idiomas logo da Biblia e “O Quixote”.
 
E un especial agradecemento a Pepe Sendón e a Fausto Isorna que da man do "Patito Editorial" agasállannos neste día coa súa compaña e a de algúns divertidos animais na presentación da súa derradeira publicación: "Animal fun"
 
 

 
 
Feliz día a tod@s e como dí Siobhán Parkinson na despedida da súa carta:

Seguide lendo!!!

miércoles, 12 de marzo de 2014

A POESÍA NON ME LÍA

Este curso celebraremos o noso Día da Poesía con dous convidados moi especiais, os poetas Rosalía Morlán e Raúl Gómez Pato que compartirán con nós dúas veladas onde as palabras e as sonoridades serán as protagonistas. Tamén faremos a nosa poética aportación a este Día colaborando coa Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, aportacións que vos iremos presentando a medida que vaian medrando; porque é o que desexamos que medren como a poesía nas nosas linguas, nas nosas cabezas e nos nosos corazóns.
E por se queda algunha dúbida sobre como sacar o poeta que levamos dentro, aquí quedan uns exercicios para axudarnos a facelo:
 
A POESÍA NON ME LÍA…
(Algún apuntamento…para facer un poema ao momento):
Partimos dun poema que nos interese traballar e podemos escoller unha ou varias das seguintes propostas (ex:”Unha aldea especial”  do libro “Estrelas de azucre de Rosalía Morlán):
1.       Para traballalo antes de lelo:
Apuntar en columnas as palabras do poema  que rimen e facer frases poéticas con elas (especial, cristal, compás, zoar, sal,../Ex: Ollando polo cristal escoito o vento zoar…).
 
2.       Para traballar despois de lelo:
Escoller unha frase do poema e repetila intercalando de cada vez un ou varios versos.
A miña aldea ten algo especial
Estrelas de azucre, lúa de cristal
Salgo pola noite e escoito ao pasear
Estrelas de azucre , lúa de cristal…
 
Escoller unha palabra significativa do poema e facer un verso a partires de cada unha das letras dese nome.
Sólida, líquida ou branca
Auga salgada
Lingua do mar
 
Escoller versos do poema e rematalos doutro xeito, respostando en eco.
Un vento que canta
A brisa que danza…
 
Escribir o poema e ir cambiando sucesivamente as súas palabras (primeiro adxectivos, logo nomes,…) según o poema nolo permita.
A miña ……….
ten algo especial,
……… de ……….
........ de ………cristal
 
Agrupar verbos, nomes e adxectivos do poema e ir escollendo ao chou un de cada formando frases poéticas.
Aldea, azucre, lúa,…/ ter, cantar, zoar,…/ especial, dourado,..
 
3.       Representalo plásticamente (por medio dun caligrama, dibuxo, collage,…)
 
E para quen desexe unha poética ampliación pode consultar recursos en liña como estes do portal da Junta de Andalucía
 
Ou buscadores de palabras que riman para cando andemos pouco imaxinativos.


E ÉCHE AQUÍ O RESULTADO...HABEMUS POEMARIO!!!

Colaboramos coa Biblioteca Pública Ánxel Casal aportando o poemario realizado nestas datas polo noso alumnado e que formará parte da exposición que celebrarán entre outras actividades no Día da Poesía.
 
 
 
 

img-320204352 by eoimanu


jueves, 6 de marzo de 2014

MULLERES E PRENSA: SOFÍA CASANOVA, UNHA CORRESPONDENTE ENTRE GUERRAS

Sofía Guadalupe Pérez Casanova ou Sofía Casanova tal e como se deu a coñecer, naceu en 1861 en A Coruña e morreu en Posznan (Polonia) en 1958. Muller intelectual, poeta, novelista, periodista... e dunha grande cultura e sensibilidade (coñecía oito idiomas: galego, castelán, inglés, francés, polaco, ruso,...),  a súa vida ven marcada por constantes viaxes e sofrimentos. Cando Sofía  ten tres anos o seu pai  abandoa á súa nai deixándoa cos tres fillos ao cargo, marcha para América sen que nunca se soubese nada mais del,  supostamente de aí ven o cambio de apelido polo da súa nai, Casanova. A Sofía criarana a súa nai e os seus avós maternos e vivirá a súa nenez entre a cidade (A Coruña) e a aldea (Almeiras) ata cumpridos os 13 anos cando a súa familia decide marchar a Madrid:

 
"Un día nos dijeron mamá y los abuelitos que íbamos a marchar a Madrid donde querían educarnos...El sufrimiento infantil fue enorme para mí como para mi abuelito. Todo me hacía llorar y él se pasaba las horas en el balcón mirando lejos y decía: el árbol viejo es malo de trasplantar".
"Este sol duro, brillante, me quebraba, dolía a mis ojos, enervaba mi espíritu, haciéndome sentir la nostalgia de la terriña. Aquel cielo suave, amoroso, aquella luz, van siempre con nosotros para sentir y soñar que es nuestra vida"

O día que cumpre 15 anos morre o seu avó e dous anos mais tarde a súa avoa, é nesas datas cando Sofía comeza a escribir os seus primeiros poemas. Grazas a familiares ben relacionados, Sofía entra nos círculos intelectuais e literarios de Madrid, é presentada ao rei Alfonso XII, quen gostaba de escoitar recitais de poesía e a quen Sofía recita dos seus. O seu primeiro libro de poemas, "Poesías", é editado polo rei. É neses ambientes onde coñece ao que vai ser o seu home, Vicenty Lutowslasky, un visionario filósofo e diplomático polaco con quen marcha a vivir a Polonia. Anque a súa vida desde entón será un incesante ir e vir (Polonia, Rusia, Inglaterra, España...) Sofía nunca perde o contacto coa súa terra.

"Soy toda de la raza y el pueblo en que he nacido,
y quiero con él bienes y males compartir;
llevar sobre mi frente la mancha de sus culpas,
reirme con sus risas y con su amor sentir"
Mais a relación co seu home non vai ben. Teñen catro fillas, María, Izabela, Yadwiga e Halina. Yadwiga morre de disentería, o seu pai que se nega a levala a un médico tradicional, acabará repudiando a Sofía por non lle ter dado un fillo varón. Sofía, anque con apoio da familia do home terá que traballar e sacar adiante ás súas tres fillas.
"Aires de la patria mía,
consoladores de pena,
quitadme algunas del alma
pero dejadme una de ellas.
Dejad que aquí cada aurora
llore por la amada muerta,
y que morir en mis brazos
todas las noches la vea.
   ..............................
¿Quién no será aunque llorando,
feliz en su patria tierra?"
Nunha das súas estancias en Galicia, en Mera, contrata a Pepa, muller da aldea quen a acompañará a meirande parte da súa vida.
Ata aquí falamos da súa vida e poesías pero non é por iso polo que mais se coñece, Sofía tamén escribe novelas, teatro e un conto e, sobre todo, cartas e crónicas de guerra.
En 1914, mentras vive en Polonia, estala a 1ª Guerra Mundial e Sofía convírtese na primeira muller española corresponsal de guerra de xeito permanente. Cubre a Gran Guerra, mais tarde a Revolución Rusa de 1917 e a ocupación nazi de Polonia durante a 2ª Guerra Mundial fundamentalmente para o ABC anque fai colaboracións noutros periódicos.


Durante a 1ª Guerra Mundial traballa como enfermeira voluntaria da Cruz Vermella nun hospital de Varsovia  coñecendo o horror das trincheiras, socorreando aos soldados gaseados polas armas químicas e denunciando o seu uso:
"¡Qué espantosa arma!Los heridos graves no tienen el doloroso aspecto de estos infelices...fríos los pies, hinchados la garganta y el pecho, tosían, arrojaban sangre por la boca y el estertor estremecía por momentos los cuerpos exánimes quemados por la fiebre"
A pesares de incluir nas súas crónicas datos e referencias de distintos informadores ela expón a súa propia visión dos acontecementos o que fai que o seu xeito de facer periodismo nos resulte tan actual. As súas crónicas son tremendamente humanas, para ela na guerra todos son víctimas porque entende o feito da guerra coma unha inmensa barbarie independentemente do bando no que se atope.

"Cuando se está en contacto diario con el insuperable sufrimiento de nuestros semejantes en la guerra, cuando se tienen a cada instante una y mil pruebas de que la guerra bestializa a los hombres, ciega sus almas con un odio colectivo, más anticristiano aún que el individual, no espereis de mi pobre pluma elogios o entusiasmos para los triunfadores"

 
Sofía Casanova tivo mais recoñecemento na súa época que despois da súa morte; pode que pola súa condición de muller ama da casa a pesares dos seus mais de mil artigos periodísticos, de muller conservadora a pesares da súa valentía, pode que polo seu apoio ao franquismo logo de sofrir terribles consecuencias da guerra na súa familia durante a Revolución Rusa... Recoñecida polos intelectuais galegos do seu tempo, é nomeada membro da Real Academia Galega en 1906 e en 1952 Académica de Honra por unanimidade. Funda e preside o Instituto de Hixiene Popular que axudaba a mulleres indixentes e concédenlle a Cruz da Orde Civil da Beneficiencia e a de Alfonso XII, tamén foi nomeada nunha ocasión ao Nobel de Literatura.
Sen seren considerada unha feminista do seu tempo Sofía tamén reivindica "el día en que la mujer española se encuentre a sí misma y disponga de su voluntad, de su personalidad, ahora esclavizada por usos medievales y afrentosos recelos.."
Recentemente rodouse "A maleta de Sofía" documental sobre a súa vida:
"Dejé mi casa varsoviana cuando el cerco, el círculo de fuego, ceñíase aprisionando la ciudad...El día de mi partida pasé la hora terrible de la selección de objetos queridos. ¿Qué tomar en una maletilla de mano?...Salí de Varsovia con las últimas cartas de mi madre, unas fotografías y un par de libros íntimos"
Nós tamén na nosa maleta lembramos hoxe a Sofía.



 
 
 





 

domingo, 23 de febrero de 2014

24 de febreiro, Día de Rosalía

O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a muller que fixo reverdecer de novo o galego como lingua escrita: Rosalía de Castro. Por iso hoxe, 24 de febreiro queremos facerlle unha pequena homaxe de aniversario lembrando o vídeo que elaboramos poñéndolle as nosas voces ao poema que adicou "Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca" ("Roxiña cal sol dourado...) do seu libro "Cantares Gallegos", o primeiro libro editado íntegramente en galego e da man dunha muller naquela época en que as prumas estaban en mans dos homes.



E como andamos esta tempada traballando nos retratos, aquí deixamos algúns monumentos adicados a Rosalía que podes atopar paseando por Compostela. Sabes onde están? Pois déixanos un apuntamento no buzón da Biblioteca.

 
 

Mais retratos...para rematar un vídeo de retratos de Rosalía e a súa familia editado pola Fundación Rosalía de Castro.

lunes, 10 de febrero de 2014

GREQUEANDO


Grequeando é a entrada na que co galo da conmemoración do 400 aniversario da morte de O Greco iremos rendindo a nosa pequena homaxe a ese grande artista que non só foi unha relevante e controvertida personaxe na súa época senón que deixou unha fonda pegada na pintura moderna, no impresionismo (Manet e Cèzanne) no cubismo (Picassso), no surrealismo, no expresionismo (Kandinsky)…
Para coñecer mais sobre o Greco podes visitar o dossier elaborado polo Ministerio de Cultura
O seu persoal estilo representando figuras extremadamente alongadas, delgadas e case fantasmagóricas, a impactante expresividade que reflectían, o seu dominio da rápida pincelada, da contraste na cor e da luz, fan que ao longo dos tempos fora considerado desde un pintor con problemas de vista, a un excéntrico ou un profeta da modernidade.
Clica aquí se queres ver o estudio técnico (soporte, capas de pintura, radiografías, raios infraroxos) que fan no Museo Thyssen-Bornemisza das obras da súa colección.
E aquí para coñecer algo mais da súa obra e o seu estilo
E IMOS AO TEMA…ENGREQUÍZATE!!!
E o noso primeiro Greco-tema chega polo Entroido e vai de caras, retratos e… caroutas!!!
Propoñémosche facer un autorretrato ao estilo Greco, ao estilo dalgún dos pintores nos que influíu ou.. ao teu propio estilo (que sabemos que o tes). Para iso…lembra, precisas:
1. Imprescindible: Un espello para re-coñecerte.
2. Un soporte calquera para re-presentarte: Papel, cartulina, cartón…
3. Materiais para pintarte e re-pintarte: Ceras ou…lápices ou…rotuladores ou…acuarelas ou…tizas ou…o que se che ocurra ou teñas a man.
4. Outros materiais para “customizarte”
Podes observar algún retratos do Greco coetáneos e pintores posteriores e buscar neles alguna influenza ou similitude.
 
E por último lembra que na época do Greco, como aínda agora, en pintura podes observar tanto a tendencia a representación mediante a liña e a forma (utilizando a liña antes que a cor) ou ao contrario, como facía o Greco, partindo da cor (sen debuxar liñas) para dar formas. Fíxate nos retratos finais imaxinando como se farían e decide como farás o teu: Primeiro a liña antes que a cor ou utilizando só cor sen liñas?


Retratos con música

Retratos de Picasso con música dos tempos do Greco (Ojos garços ha la niña, Cancionero de Upsala)

Retratos do Greco, coetáneos e de pintores nos que influíron:

Cabaleiro da man no peito (O Greco)
Autorretrato (O Greco)

Autorretrato (Picasso)
A dama do armiño Cézanne)
A dama do armiño (Cèzanne)
Retrato do fillo do Greco e versión de Picasso do mesmo cadro ao xeito Greco
A dama do armiño(Greco?-Sofonisba?)
Autorretrato (Sofonisba Anguissola)
Autorretrato de Manet
Autorretrato de Cézanne
Retrato dun descoñecido ao xeito do Greco (Picasso)

domingo, 26 de enero de 2014

Día da Paz


Este ano celebraremos o Día da Paz cantando o "Va pensiero" (Voa pensamento) un coro que o pobo italiano adoptou como himno que, entresacado da famosa ópera de Verdi, Nabucco,   representou os seus anceios de independencia e liberdade e que hoxe en día, por extensión, segue a identificarse como un canto dos pobos á liberdade. Hoxe queremos lembrar a este popular compositor de quen o pasado 10 de outubro se celebrou o 200 aniversario do nacemento e que mellor que facelo a través do acto promovido por outro famoso músico, neste caso cantante, nomeado Mensaxeiro da Paz polas Nacións Unidas: Luciano Pavarotti
 
Tampouco queremos esquecernos de outro aniversario, esta vez inmensamente triste e considerado por algúns a primeira gran catástrofe do século XX: Este ano cúmprese un século do comezo da 1ª Guerra Mundial (1914-1918), á que chamaron a Gran Guerra e que deixou o triste balance duns oito millóns de mortos. Tamén se cumpre o 75 aniversario do comezo da 2ª Guerra Mundial (1939-1945) que moito mais devastadora deixou uns 55 millóns de mortos e o 25 aniversario doutro evento consecuencia da guerra: A caída do muro de Berlín. Todos estes acontecementos deixaron unha fonda pegada na nosa Europa actual, na súa distribución, na economía...no noso mundo; por iso con ocasión do Día da Paz queremos invitarvos a reflexionar sobre estos grandes desastres e as súas causas porque para non caer nos grandes erros da nosa historia o mellor sempre é coñecela.
 
 
 
 E o nosa derradeira lembranza nesta data vai para outra morte pero que, neste caso, supón polo seu exemplo, unha chamada á esperanza na libertade e na igualdade: a de Nelson Mandela que finou o pasado 25 de decembro. Del destacamos entre outras moitas das súas frases como última reflexión para a paz: "Sempre parece imposible ata que se fai". Neste enlace podedes consultar o traballo que desde a Biblioteca da Cañiza elaboraron sobre as súas frases: Frases de Mandela e á proposta de Caza de Tesouros do Ceip Conde de Fenosa.
Un adeus a  Mandela: "Asimbonanga" (Dín que non o viron)
 
 
 

 

jueves, 23 de enero de 2014

Nadal: Unha árbore de libros


Así quedou este Nadal o noso abeto da Biblioteca no medio dun campo de libros referidos a estas datas ao alcance da man de todo o alumnado.

Polo San Martiño trompos ao camino….


O Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha xornada de convivencia cos avós na que viñeron ensinarnos (a alumn@s e profes) a xogar aos trompos. A Biblioteca colaborou aportando información para completar a orixinal e colorida exposición de trompos decorados que realizou o noso alumnado.

Exposición Álbumes Ilustrados

Coma no outono que enche as paisaxes de cores, enchíuse un recuncho do noso centro porque ata el chegaron as mais fermosas palabras acompañadas das mais fermosas ilustracións. Durante o mes de novembro e coa inestimable colaboración de Gracia Santorum, incansable trafegadora de Ronseis, o Consorcio Editorial Galego e a Editorial Edelvives fumos quen de ambientar un recuncho lector por onde o noso alumnado foi pasando para poder admirar e disfrutar dunha mais que interesante colección de álbumes ilustrados. Aquí vos deixamos tamén unha reseña que agradecemos profundamente: El gran acierto del rincón de la lectura.


Roxiña cal fresca rosa.....Cantares Gallegos

Benvid@s a esta nova canle de comunicación coa nosa Biblioteca!
 Continuamos na nosa andaina agardando desde aquí poder estar un pouquiño mais perto de todos vós. E que mellor para acompañar esta presentación que facelo da man da nosa mais recoñecida poetisa. Ao longo do 2013 desde a Biblioteca do centro quixemos destacar a celebración dos 150 anos do nacemento dunha revolución literaria da man dunha muller: Rosalía de Castro e a publicación dos seus “Cantares Gallegos”. Tamén a conmemoración do “Ano Internacional da Esfera da Auga”. Do intento de refundir estes dous eventos e coa colaboración dos Departamentos de Dinamización Lingüística, TICS e Música xurdíu este vídeo co que participamos na 1ª edición de “Nós tamén creamos” convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel quixemos amosar estes dous eventos cunha unha visión integrada no día a día da escola e de aí este vídeo traballado a partires do poema “Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca” (“Roxiña cal sol dourado…”) que, entre augas, regatos, fontes e bágoas nos fala das penas fondas de quen se sinte extrana na súa propia terra, de quen é discrimanada só polo feito de nacer un pouco mais lonxe... pero que non por iso deixa de reivindicar a súa orixe.