miércoles, 12 de marzo de 2014

A POESÍA NON ME LÍA

Este curso celebraremos o noso Día da Poesía con dous convidados moi especiais, os poetas Rosalía Morlán e Raúl Gómez Pato que compartirán con nós dúas veladas onde as palabras e as sonoridades serán as protagonistas. Tamén faremos a nosa poética aportación a este Día colaborando coa Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, aportacións que vos iremos presentando a medida que vaian medrando; porque é o que desexamos que medren como a poesía nas nosas linguas, nas nosas cabezas e nos nosos corazóns.
E por se queda algunha dúbida sobre como sacar o poeta que levamos dentro, aquí quedan uns exercicios para axudarnos a facelo:
 
A POESÍA NON ME LÍA…
(Algún apuntamento…para facer un poema ao momento):
Partimos dun poema que nos interese traballar e podemos escoller unha ou varias das seguintes propostas (ex:”Unha aldea especial”  do libro “Estrelas de azucre de Rosalía Morlán):
1.       Para traballalo antes de lelo:
Apuntar en columnas as palabras do poema  que rimen e facer frases poéticas con elas (especial, cristal, compás, zoar, sal,../Ex: Ollando polo cristal escoito o vento zoar…).
 
2.       Para traballar despois de lelo:
Escoller unha frase do poema e repetila intercalando de cada vez un ou varios versos.
A miña aldea ten algo especial
Estrelas de azucre, lúa de cristal
Salgo pola noite e escoito ao pasear
Estrelas de azucre , lúa de cristal…
 
Escoller unha palabra significativa do poema e facer un verso a partires de cada unha das letras dese nome.
Sólida, líquida ou branca
Auga salgada
Lingua do mar
 
Escoller versos do poema e rematalos doutro xeito, respostando en eco.
Un vento que canta
A brisa que danza…
 
Escribir o poema e ir cambiando sucesivamente as súas palabras (primeiro adxectivos, logo nomes,…) según o poema nolo permita.
A miña ……….
ten algo especial,
……… de ……….
........ de ………cristal
 
Agrupar verbos, nomes e adxectivos do poema e ir escollendo ao chou un de cada formando frases poéticas.
Aldea, azucre, lúa,…/ ter, cantar, zoar,…/ especial, dourado,..
 
3.       Representalo plásticamente (por medio dun caligrama, dibuxo, collage,…)
 
E para quen desexe unha poética ampliación pode consultar recursos en liña como estes do portal da Junta de Andalucía
 
Ou buscadores de palabras que riman para cando andemos pouco imaxinativos.


E ÉCHE AQUÍ O RESULTADO...HABEMUS POEMARIO!!!

Colaboramos coa Biblioteca Pública Ánxel Casal aportando o poemario realizado nestas datas polo noso alumnado e que formará parte da exposición que celebrarán entre outras actividades no Día da Poesía.
 
 
 
 

img-320204352 by eoimanu


No hay comentarios:

Publicar un comentario